Escoitar

O rexedor anima a toda a cidade a disfrutar do paso da "Volta Ciclista a España" por Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou hoxe martes a toda a cidadanía a "disfrutar" o paso da Volta ciclista a España un "evento deportivo de grande envergadura" que discurrirá por Vigo o próximo martes 28 de agosto.

martes, 21 ago 2012
O próximo martes 28 de agosto a Volta ciclista a España chegará a Vigo, un evento deportivo "de grande envergadura" ao que invitamos a toda a cidadanía, segundo indicou hoxe martes o alcalde. Durante a súa comparecencia en rolda de prensa, o rexedor avanzou que o Concello está en contacto directo coa organización da Volta "para dar todas as facilidades" na posta en marcha da montaxe, insistindo en que "imos promocionar este acontecemento para que toda a cidade acuda".