Escoitar

O Concello xa ten todo disposto para entregar a colección Maside aos herdeiros

O alcalde de Vigo avanzou hoxe luns que o Concello cumprirá a sentenza que lle recoñece aos herdeiros de Maside recuperar a colección cedida ao Museo de Castrelos. Nestes momentos, dixo, estamos á espera de que os tribunais designen un interlocutor entre os demandantes para proceder á entrega do legado do pintor.

luns, 20 ago 2012
O Concello de Vigo non ten intención algunha de retrasar o cumprimento da sentenza que lle recoñece aos herdeiros de Maside a recuperación da colección exposta no Museo de Castrelos. Así o indicou esta mañá o rexedor quen avanzou que, dado que son varios herdeiros e demandantes, o pasado 3 de agosto, o Concello enviou un escrito ao xuzgado solicitando o nome dun interlocutor aos efectos de facerse cargo dos bens depositados no Museo. Por outra banda, o rexedor explicou que, ao tratarse dunha colección catalogada, é preciso informar á Dirección Xeral de Patrimonio do traspaso das obras, tal e como se fixo o pasado 24 de xullo cando se enviou un escrito advertindo do cumprimento da sentenza.