martes, 20 out 2009
Abel Caballero encabezó este martes la inauguración simbólica del tramo de Sanjurjo Badía que une García Barbón con el Barrio de las Flores, la segunda parte reformada de la calle que dará paso a la tercera, que iniciará los trabajos en próximas semanas. La recuperación integral de Teis continuará, según afirmó el alcalde, sumando un total de 12 millones de euros en el barrio que "no tiene precedentes" en la zona.
luns, 19 out 2009
Abel Caballero encabezou a delegación municipal na apertura oficial de tres rúas humanizadas no barrio vigués do Calvario, melloras que supuxeron un investimento próximo aos dous millóns de euros e que deron emprego a un total de 53 persoas, das que 23 procedían das listas do INEM de Vigo. O alcalde asegurou que este é "un proceso que continuaremos" e constatou que "a xente de Vigo está a tomar as rúas da cidade".
venres, 16 out 2009
Abel Caballero visitou este venres os traballos de humanización de Conde de Torrecedeira, nas proximidades de Santa Marta, que transcurren nun "tempo record" e rematarán en mes e medio. O alcalde avanzou que o goberno local humanizará tamén catro rúas transversais co obxectivo de homoxeneizalas co entorno nas mesmas calidades que Torrecedeira.
venres, 25 set 2009
O alcalde e varios integrantes do goberno e da Corporación municipal participaron este venres na apertura das rúas Sevilla, Zaragoza, Tarragona e Pintor Colmeiro, onde estase a rematar un aparcamento soterrado. A urbanización deste "gran punto de encontro" na zona superou o medio millón de euros de investimento e suporá unha mellora tamén para o tráfico rodado do entorno de POVISA.
xoves, 24 set 2009
Abel Caballero visitou Lavadores este xoves coa Asociación de Veciños, unha zona que "estase a reactivar" con melloras xa executadas e outras proxectadas por valor de "preto de oito ou nove millóns de euros". Xunto as melloras da rúa Manuel Álvarez, Severino Cobas, Santa Cristina e Fontáns, o alcalde anunciou a humanización das rúas Curros e Baixada ao Capitán, ademáis dunha nova biblioteca proxectada e un parque infantil.
martes, 28 xul 2009
A concelleira de Vías e Obras presentou este martes os novos proxectos que acometerá o seu departamento municipal en todas as parroquias, humanizacións "de igual calidade ás do centro de Vigo" que supón un investimento superior aos 7 millóns de euros. Abelairas manifestou que priorizarán a mellora dos centros das parroquias.
xoves, 16 xul 2009
Abel Caballero, xunto con outros membros da Corporación Municipal, acudiron hoxe xoves ás proximidades do mercado de Bouzas para visitar a recén rematada humanización do entorno, nas rúas Pescadores, Poeta Añón, Covadonga, Eduardo Cabello e Alfredo Brañas. Preto de 300.000 euros de investimento para saldar "unha débeda da cidade con Bouzas", salientou o alcalde.
xoves, 2 xul 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, relizou hoxe unha visitas ás obras que se están a realizar nas beirarrúas de As Roteas en San Miguel de Oia por parte do departamento de Vías e Obras.
mércores, 24 xuñ 2009
A concelleira de Vías e Obras e Servizos Xerais, Isaura Abelairas, explicou hoxe mércores que, ao longo deste 2009, o seu departamento terá construidas unha veintena de novas beirarrúas en estradas do rural vigués. O investimento supera os 1,1 millóns de euros e as actuacións benefician a 14 parroquias da cidade. En mellora do abastecemento, os investimentos acadan os 780.000 euros, segundo indicou a edil.
mércores, 3 xuñ 2009
Tras a reunión da comisión de seguemento, a concelleira de Vías e Obras salientou o "espírito de colaboración" dos comerciantes para "minimizar o impacto" das obras no sector, na que comunicoulles os prazos de finalización de cada humanización do Plan E. A presidenta da Federación de Comercio, Encarna Álvarez, definiu esta reunión como "moi positiva" e permitirán que "todos os problemas que xurdan se solucionarán".