luns, 3 abr 2006
A alcaldesa, Corina Porro, anunciou hoxe luns unha "transformación" de Vigo "e todas e cada unha das nosas parroquias" no prazo de dous anos. O cambio será froito de investimentos por valor de 43 millóns de euros, procedentes do propio Concello, da Deputación e do Ministerio de Fomento.
xoves, 16 feb 2006
Durante un periodo de 12 a 15 días, a parroquia de Zamáns centrará os traballos de asfaltado de camiños e rúas que se desenvolverán dentro dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra. O Concello pide desculpas polas posibles molestias que estas obras poidan causar.
luns, 9 xan 2006
A presidenta da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao, Elena González, cualificou hoxe luns de "moi interesante" a <a href = 'http://xornal.vigo.org/xnnotsemana.php?lang=gal¬icia=5637'>proposta</a> do Goberno local de incluír nos orzamentos de 2006 investimentos nas parroquias de Vigo por valor de 20,3 millóns de euros.
xoves, 15 dec 2005
O concelleiro de Vías e Obras, José Manuel Iglesias, iniciou esta semana as conversas cos representantes dos grupos políticos da oposición para definir o proxecto das obras de mellora da estrada N-556 e do Primeiro Cinto, que deberá estar aprobado a finais de abril.
mércores, 14 dec 2005
Co gallo do Día Mundial da Auga, Aqualia convocou o seu Concurso de Debuxo Infantil, do que resultaron gañadores o Colexio Compañía de María, na categoría colectiva, e unha alumna de nove anos do Colexio García Barbón, na categoría individual.
luns, 31 out 2005
O Concello de Vigo xunto con Aquialia, empresa concesionaria do abastecemento e saneamento, están a realizar actuacións no municipio tendentes a mellorar as redes destes servizos.
martes, 18 out 2005
O concelleiro José Manuel Iglesias visitou hoxe a parroquia de Zamáns para coñecer o estado das obras de saneamento que se están a acometer no rural do municipio. Estes traballos supoñen para Zamáns a ampliación da rede do Servizo Municipal de Augas, levándoa a máis de 240 vivendas.
martes, 6 set 2005
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe martes varios puntos de Vigo onde se están a executar obras para mellorar o aspecto da cidade. Estes traballos inclúen o empedrado de beirarrúas, a disposición de illas de reciclaxe e a colocación de farolas e de novo arborado.
luns, 18 xul 2005
Vigo opta aos fondos europeos do programa Interreg III-A a través de dous proxectos de colaboración transfronteiriza. O primeiro destes, desenvolto coa localidade de Chaves, consite na posta en marcha dun centro para a divulgación das enerxías limpas, no Zondal. No segundo, Vigo colabora con Monçao para recuperar espazos forestais periurbanos.
luns, 9 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, comprobou hoxe luns o estado das obras que, dentro do proxecto Vigo 2005, se están a realizar na zona comprendida entre Montero Ríos e a Praza de Compostela. As actuacións de Vigo 2005 teñen por obxectivo humanizar e rehabilitar a cidade de cara á saída da Volvo Ocean Race, que se celebrará en novembro.