Escoitar

Caballero adianta que a humanización do inicio da Avenida Castelao estará rematada en dous meses

O alcalde visitou este martes o inicio dos traballos de humanización da Avenida Castelao, en Coia, entre os números 1 e 9, un "compromiso" adquirido polo goberno local que estará rematado nun prazo estimado de dous meses. Abel Caballero, quen explicou que esta reforma custa 125.000 euros, avanzou que estase a estudar a mellora da regulación semafórica no entorno para gañar seguridade e facilitar a mobilidade dos peóns.

martes, 17 xan 2012
1326803849avdacastelao.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou que o goberno local incrementou a partida económica prevista para a obra unha vez as catas realizadas revelaron a "necesidade imperiosa" de renovar o saneamento, en peor estado do agardado inicialmente.

A humanización do inicio da Avenida foi un "compromiso" adquirido polo alcalde pola demanda da veciñanza de Coia, e disporá de máis arborado, novos puntos de luz, bancos e papeleiras.

Abel Caballero tamén expuxo durante a visita que o goberno local está a estudar unha mellora da regulación do tráfico en Coia, en particular incrementar o número de semáforos e de pasos de peóns para evitar cruces por zonas non sinalizadas e gañar así en seguridade viaria. O rexedor apuntou como posibles os entornos dos centros educativos e de saúde.
Descargar todas as imaxes