O alcalde anuncia que o 26 de xaneiro comeza a súa andaina en Vigo a Fundación Irene Megías contra a meninxite
Abel Caballero avanzou na mañá deste martes a posta en marcha en Galicia da Fundación Irene Megías contra a meninxite, a única entidade sen ánimo de lucro que loita en España contra esta enfermidade. Na rolda de prensa, Caballero trasladou aos responsables da ONG toda a "cooperación e recoñecemento desde Alcaldía" e comprometeu a súa asistencia ao acto de presentación oficial que terá lugar o próximo día 26 no edificio municipal do Areal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe o inicio da súa andaina na cidade da Fundación Irene Megías contra a meninxite, única entidade sen ánimo de lucro que loita en España contra esta enfermidade . A presentación oficial da actividade da ONG será o próximo 26 de xaneiro no edificio municipal de Areal, e alí estará o alcalde, tal e como confirmou, xunto con recoñecidos profesionais da sanidade galega. Durante a rolda de prensa, Caballero trasladou a Jorge Megías, presidente, e Cristina Regojo, directora rexional para Galicia, "toda a cooperación e recoñecemento desde a Alcaldía de Vigo para pelexar contra esta enfermidade".
A Fundación Irene Megías contra a Meninxite foi creada no ano 2006 por Jorge Megías e a súa muller Purificación Roca, como consecuencia do falecemento da súa filla Irene, en agosto de 2005 á idade de 17 anos por unha sepse meningocócica tan só 24 horas despois da aparición dos primeiros síntomas. A meninxite é a inflamación das membranas que rodean o cerebro e a médula espinal e a sepse é o envenenamento do sangue. Os profesionais médicos aseguran que o 90% dos casos fatais poderían evitarse cunha diagnose temprana, de aí que unha das principais labores da ONG sexa a difusión dos síntomas para facilitar o seu recoñecemento. Ademais, prestan apoio a familiares e afectados, promoven condutas para a prevención e fomentan a investigación científica.
Descargar todas as imaxes