Escoitar

O Concello elixe unha serigrafía da artista Amelia V. Palacios como imaxe institucional

Un xurado composto por artistas do recoñecemento de Alex Vázquez, Antonio Quesada, Xabier Magallanes e Mingos Teixeira, xunto co alcalde de Vigo, optaron hoxe por un traballo da artista Amelia V. Palacios como imaxe insititucional do Concello. Como ven sendo habitual, unha reproducción deste cadro será o agasallo que distribúa a Coporporación ás parellas que decidan contraer matrimonio civil nas dependencias municipais.

luns, 16 xan 2012
1326737540serigrafia.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e catro artistas da talla de Alex Vázquez, Antonio Quesada, Xabier Magallanes e Mingos Teixeira elexiron esta tarde Ultimas luces, unha serigrafía da artista Amelia V. Palacios, como imaxe institucional do Consistorio. A partir deste momento e como ven sendo habitual, unha reproducción dun cadro da pintora seleccionada -nestes momentos está exposto na galería de Alcaldía- será o agasallo que distribúa o Goberno municipal ás parellas que contraian matrimonio nas dependencias municipais.

Amelia V. Palacios é unha dar artistas que exhibe a súa obra nas dependencias da Alcaldía dentro das mostras periódicas que se organizan con obras de recoñecidos artistas da nosa cidade, así como dando a oportunidade de mostrar a súa valía a novos talentos.

A artista gañadora conta, a pesares da súa xuventude, cunha importante traxectoria a súas costas e transmite a paixón da mocidade nas súas obras. Coñeceu de preto as bondades da arte desde pequena porque procede dunha familia de artistas. Agora estuda arquitectura en Madrid.

Descargar todas as imaxes