O alcalde anuncia a concesión da licencia para construír unha oficiña de emprego en Navia
A Xerencia de Urbanismo desta mañá deu luz verde á concesión da licencia de actividade para a construción dunha oficiña de emprego na rúa Teixugueiras. Deste modo, dáse o primeiro paso para a posta en marcha dunha infraestrutura "moi demandada nesta cidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a Xerencia de urbanismo desta mañá concedeu 24 licenzas de obras, cun investimetno superior ao millón de euros, ademais de outorgar catro licencias de actividade. Reseñou, en especial, a concesión de licenza para a construción dunha oficiña de emprego na rúa Teixugueiras, o que supón o primeiro paso para a posta en marcha dunha infraestrutura "moi demandada nesta cidade".
Na mesma sesión da Xerencia, o Consello propuxo elevar á Xunta de Goberno Local a recepción definitiva das obras de urbanización dunha Unidade de Actuación en Aragón/ Travesía de Vigo. Deste xeito, indicou, remata un longo período de execución e incidencias dende o ano 2001 no que se aprobou o proxecto cun presuposto de preto de 340.000 euros.
Xunta de Goberno
Pola súa banda, la Xunta de Goberno desta mañá, aprobou un convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello de Vigo para a asistencia social integral ás mulleres inmigrantes, a través dun servizo de teletraducción. Segundo explicou o rexedor, o obxectivo é mellorar a atención das usuarias do Centro de Información dos dereitos da mulleres que non falen castelán ou galego.
A Xunta de Galicia facilita o servizo de teletraducción a través do número de teléfono do Centro Municipal de Información, sen gasto engadido para o Concello. Serán as profesionais do Centro de Información da Muller as que usen ese servizo cando manteñan unha entrevista na que o idioma supoña unha barreira comunicativa.
Descargar todas as imaxes