venres, 13 xaneiro 2012

Caballero traslada aos sindicatos a súa "absoluta vontade" de pactar os orzamentos co BNG

venres, 13 xan 2012

Abel Caballero explicou esta mañá aos líderes sindicais de UXT, CCOO e CIG, cos que mantivo un encontro, a súa "absoluta vontade" de pactar os orzamentos co BNG. Logo de lembrar que nestes momentos o documento está parado ata coñecer as contas do Estado, indicou que "cando coñezamos as claves de ingresos e gastos, elaboraremos un borrador de orzamentos para negocialo co Bloque".

O rexedor mantén un encontro co xuíz de menores Emilio Calatayud

venres, 13 xan 2012

Abel Caballero recibiu esta mañá ao granadino xuíz de menores Emilio Calatayud, logo de que este ofrecera unha conferencia no Auditorio Municipal. A Concellería de Educación e a Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais foron os organizadores dunha charla na que participaron preto de 300 escolares da 4º da ESO dos IES Álvaro Cunqueiro, IES Alexandre Bóveda, IES Beade, IES Santo Tomé de Freixeiro, IES Rosais II e IES A Guía.

Obradoiros de iniciación á poesía no Verbum

venres, 13 xan 2012

O Verbum programa para os domingos do mes de xaneiro un obradoiro de iniciación á poesía para público de entre 5 e 8 anos. O obradoiro de carácter gratuito celebrarase en horario de 12.00 a 13.00 e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia<br /> Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como Manuel María a Elvira Riveiro.

Cursos febreiro en Vigosónico

venres, 13 xan 2012

Novos cursos en Vigosónico para o vindeiro mes de febreiro. Dirixido a mozos e mozas empadroados en Vigo de entre 13 e 35 anos. Terán prioridade as persoas que non fixeran ningún curso anteriormete. O prazo de inscrición é desde o luns 16 ata o domingo 29 de xaneiro.

Pechada ao tráfico a rúa SANJURJO BADIA, treito entre as rúas Bos Aires e Pedro Alvarado

venres, 13 xan 2012

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de desmontaxe dun guindastre, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico, en sentido cara ao Centro, a rúa SANJURJO BADIA, treito entre as rúas:Bos Aires e Pedro Alvarado, con acceso en dobre sentido exclusivo para VITRASA,o DOMINGO 15 de xaneiro de 2012 dende as 08:00 até as 17:00 horas.<br />

ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Pechada ao tráfico a rúa ROGELIO ABALDE

venres, 13 xan 2012

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de baixada de materiais, a realizar pola empresa GRUAS DONIZ, estará pechada ao tráfico a rúa ROGELIO ABALDE, con acceso exclusivo para garaxes, o domingo 15 de xaneiro de 2012, dende as 08:30 horas até as 13:30 horas<br />