xoves, 12 xaneiro 2012

Obradoiros de iniciación á poesía no Verbum

xoves, 12 xan 2012

O Verbum programa para os domingos do mes de xaneiro un obradoiro de iniciación á poesía para público de entre 5 e 8 anos. O obradoiro de carácter gratuito celebrarase en horario de 12.00 a 13.00 e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia<br /> Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como<br /> Manuel María a Elvira Riveiro.

Educación e a Foanpa programan unha conferencia de Emilio Calatayud para 300 escolares de 4º da ESO

xoves, 12 xan 2012

A Concellería de Educación do Concello de Vigo, que dirixe Raquel Díaz Vázquez, colaboración coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais (FOANPA), ten programado este venres 13 ás 11,00 hs no Auditorio Municipal "Cidade de Vigo", unha conferencia do xuíz de menores Emilio Calatayud á que asistirán preto de 300 escolares de 4º da ESO dos IES Alvaro Cunqueiro, IES Alexandre Bóveda, IES Beade, IES Sto. Tomé de Freixeiro, IES Rosais II e IES A Guía.