Escoitar

O alcalde anima a toda a cidadanía a disfrutar o venres en As Travesas do Celta -Sevilla Indoor

Abel Caballero anima a toda a cidadanía a disfrutar do partido de fútbol Celta-Sevilla da Liga Indoor que se disputará o venres no pavillón de As Travesas a partir das 19,00 horas. Antes, ás 16,00 horas, terá lugar a Copa Infantil Indoor.

mércores, 11 xan 2012
1326297706indoor.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a segunda xornada da Liga Indoor cun partido Celta-Sevilla que se disputará o venres 13 ás 19,00 horas en As Travesas. Durante a rolda de prensa, acompañado por participantes e organizadores, o rexedor animou a toda a cidade a disfrutar dun evento deportivo que "moi singular e interesante" que outros anos acadou grande éxito. Destacou que para este primer partido están convocados desde o Celta de Vigo os seguintes xogadores: Emilio, Patxi Villanueva, Jorge Otero, Manel, Rodolfo, Bajetic, Quique, Ratkovic, Jacobo Campos, Noli, Fran Caínzos, Toni Otero e Fidalgo.

Segundo avanzou, este encontro deportivo ten outro atractivo, a Copa Infantil Indoor, que se desenvolverá no mesmo pavillón a partir das 16,00 horas. Un torneo, enumerou, no que participarán os seguintes equipos de categoría infantil nas fases previas do campionato: Balaídos, Rápido de Bouzas, Apostol, Santamariña, Coruxo, Areosa, Moaña e Valmiñor.

O rexedor instou a todos os vigueses e viguesas achegarse As Travesas para presenciar un espectáculo "que mistura fútbol de calidade e espectáculo", ademais de promocionar o deporte de base, "o máis importante para esta Alcaldía", puntualizou. "Nenos e nenas xogando ao fútbol, practicando deporte e traballando en equipo é a mellor forma de facer a cidade do presente e do futuro". Por tanto, rematou, quero agradecer a organizadores e participantes a posta en marcha deste proxecto "un xeito distinto de facer cidade".


Descargar todas as imaxes