luns, 9 xaneiro 2012

O alcalde explica que a "incertidume" das medidas económicas do Goberno central obrigan a prorrogar os orzamentos

Abel Caballero explicou hoxe que o Decreto lei de medidas económicas e financeiras aprobadas polo Goberno Central o pasado día 30 de decembro xeran incertidume á hora de valorar a súa afección nos concellos polo que o borrador do orzamento quedará en suspenso e se prorrogarán as contas de 2011. O novo baremo do IBI, o descoñecemento do reparto do Fondo de Cooperación Local ou os prazos para devolver os devengos de 2008 e 2009 son cuestións determinantes á hora de establecer os ingresos e os gastos polo que a aprobación dun documento orzamentario nestes momentos xeraría inseguridade, así que" imos esperar a ter toda esa documentación para aprobar as contas de 2012", explicou.

Caballero louba a transformación do humidal da Bouza "nun dos referentes medioambientais da cidade"

luns, 9 xan 2012

Abel Caballero cualificou hoxe o humidal de A Bouza como un dos referentes medioambientais da cidade, un espazo natural acotado no que perviven especies autóctonas da zona que "fai catro anos era un bosque abandonado". Durante a visita que realizou esta mañá, destacou o investimento de case 60.000 euros en obras de acondicionamento que permitan compatibilizar natureza e disfrute cidadá.

A Biblioteca Pública amplía o horario da Sala de Lectura ata o día 20 de xaneiro

luns, 9 xan 2012

Con fin de atender a demandan dos estudantes universitarios, a Biblioteca Pública ampliará o seu horario entre os días 9 e 20 de xaneiro, ambos incluídos. A sala de lectura permanecerá aberta ata ás 22,00 horas (normalmente pecha ás 20,30 horas) de luns a venres, os sábados, ademais de abrir pola mañá, será accesible tamén de 17,00 a 22,00 horas, e os domingos, habitualmente pechada, permanecerá aberta entre as 10,00 e as 14,00 horas.