O alcalde asegura que na zona de Balaídos investíronse 12 millóns de euros en catro anos "o dobre que en toda a historia da democracia"
Abel Caballero explicou esta mañá que desde que ostenta a Alcaldía da cidade os investimentos en melloras na zona de Balaídos ascenden a 12 millóns de euros, unha cifra "histórica" que significa que en "catro anos investiuse máis do dobre que en toda a historia da democracia". O rexedor fixo estas declaracións durante a inauguración formal do tramo entre Manuel de Castro e Eugenio Kraff que quedara sen humanizar antes das eleccións municipais, "polo que estamos a cumprir un co compromiso electoral e político".