Escoitar

Obradoiros de iniciación á poesía no Verbum

O Verbum programa para os domingos do mes de xaneiro un obradoiro de iniciación á poesía para público de entre 5 e 8 anos. O obradoiro de carácter gratuito celebrarase en horario de 12.00 a 13.00 e os asistentes poderán facer lecturas de poemas da autora do obradoiro, Alicia<br /> Fernández, pero ademais gozarán con poemas infantís de diferentes autores como Manuel María a Elvira Riveiro.

venres, 13 xan 2012
1326459378verbumpoesia.jpg
Para facer máis amena esta actividade están preparados xogos e métodos para a creación literaria. Así, poderase por exemplo "facer" un poema cambiando só dúas palabras doutro poema base, ou finalizar versos incompletos con palabras que se poderán atopar en caixas de inspiración. Tamén traballase con cancións, que son verdadeira poesía como as creacións de Mamá Cabra ou Pablo Díaz.

Os máis cativos da casa poderán deste xeito ter contacto coa poesía e incluso ser eles mesmos os que interpreten e realicen algunhas das creacións máis fermosas da nosa literatura.
Descargar todas as imaxes