O Concello suma un novo coche eléctrico á flota municipal de vehículos
O alcalde explicou hoxe venres que o goberno local ten previsto, con custe cero para as arcas municipais, substituir progresivamente os vehículos convencionais por eléctricos, e recordou que Vigo ten solicitado unha subvención para sumar 20 vehículos de emisións cero. "A vantaxe medioambiental é obvia, pero queremos que sexa un símbolo para que a cidade asuma colectivamente a conciencia da importancia do medioambiente e da loita contra o cambio climático", indicou Caballero.
O goberno local recibiu hoxe venres o novo vehículo eléctrico para uso municipal, unha unidade que estará asignada ao departamento de Fomento para os desprazamentos do personal municipal, e que recibe o Concello en virtude do contrato rubricado do alumeado.
Revelou o alcalde de Vigo que foi o Concello quen reclamou da empresa a cesión dun eléctrico, substituíndo ao convencional que operaba ata o momento.
"Comezamos a implantación dunha flota de vehículos eléctricos no Concello de Vigo", adiantou Caballero. O de Fomento é o segundo no plantel do Concello tras o oficial asignado ao alcalde, quen confía que Medioambiente e Urbanismo poidan incorporalos tamén, sen custo para o Concello, ademáis da subvención pedida para cambiar outros 20 coches.
O rexedor vigués explicou que o novo Citroën C-Zero incorporado ten "un custe enerxético baratísimo" pois un euro de gasto permite recargar o vehículo para unha autonomía duns 120 quilómetros, aproximadamente.
Descargar todas as imaxes