Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? Exposición da Cristina F
A Fundación Laxeiro presenta a mostra Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? é unha exposición participativa na que o público (infantil) irá intervindo de xeito que a montaxe irá mudando de aspecto, convertendo aos nenos e nenas que visiten a exposición en protagonistas.A exposición mostra os traballos de ilustración máis salientables da autora Cristina F,
Cristina F (Salamanca, 1962) leva dúas décadas facendo relatos infantís. Contos que ela escribe e ilustra, creando mundos singulares que só poderían saír da súa imaxinación.
Esta exposición amosa os traballos de ilustración que a artista leva facendo dende hai case vinte anos e está dirixida especialmente ás nenas e nenos máis pequenos da familia. Por iso a hora de inauguración é ás 19.00h., porque Cristina F agasallará aos convidados cun bocata xigante de cinco metros que compartiremos en compaña da autora que nos falará do seu traballo e nos convidará a intervir na exposición, participando na realización de ilustracións e debuxos que poderemos pendurar ao carón dos debuxos de artista.
Esta proposta nace da importancia que paulatinamente vai tendo o público infantil nas actividades da Fundación Laxeiro, nas que participan unhas 3.000 nenas e nenos ao ano, dentro do noso programa de actividades didácticas que este ano se víu ampliado coa edición do libro para colorear titulado As aventuras de Laxeiro, ilustrado polo vigués Federico Fernández, Premio Nacional de Ilustración.
Unha... dúas... tres... que conto é o que ves? é unha exposición participativa na que o público (infantil) irá intervindo de xeito que a montaxe irá mudando de aspecto, convertendo aos nenos e nenas que visiten a exposición en protagonistas.
A exposición mostra os traballos de ilustración máis salientables da autora Cristina F, nunha montaxe divertida que contará cun tendedeiro de onde pendurarán as ilustracións orixinais do seus traballos, a Colección Mala Malona (1998), o navegante (2001), alfombriña (2008), al folerpas de neve (2010), a comer!! (2011).
Actividades:
Os sábados 18 de febreiro e 3 de marzo, as nenas e nenos poderán achegarse á Fundación Laxeiro a partir das 11.00h. para participar nas actividades creativas que Cristina F levará a cabo. As actividades consistirán na realización de diversos debuxos e collages que irán formando parte da exposición.
Para participar nelas, é imprescindible poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro, chamando ao tlf: 986-43 84 75 de luns a venres, de 10.00h. a 14.00h. ou enviando un correo electrónico a info@laxeiro.es
As actividades son gratuitas e o aforo é limitado.
Descargar todas as imaxes