Escoitar

Lulavai en concerto

Auditorio Municipal do Concello de Vigo programa para o venres 17, ás 21 horas o concerto do grupo Lulavai, unha das máis delicadas e intimistas formacións da música galega actual.

xoves, 16 feb 2012
1329401427lulavai.jpg
Un novo proxecto no que a sonoridade de catro arpas e catro voces fúndese para interpretar con son propio temas tradicionais e de composición. Lulavai é unha das máis delicadas e intimistas formacións da música galega actual. Estas catro mulleres crean unha deliciosa atmósfera que se pode gozar no seu primeiro traballo discográfico CorDasVerbas

O grupo está composto por Lorena Reinaldo, Josefa Fernández, Elena Paz e Paula Oanes. As súas compoñentes formaron parte da orquestra folc SonDeSeu, coa que gravaron Mar de Vigo e Trastempo, os dous primeiros traballos discograficos da orquestra. A finais de 2007 decidiron crear "Lulavai", unha aposta musical na que 4 voces e 4 arpas se funden para interpretar con son propio temas tradicionais e de autor. Dende a súa formación foron finalistas do Festival Folk Cancioneiros (2008) e no Festival Folkez Blai de Ermua (2010). Tamén participaron no Festival de Lorient (Francia) dentro da programación do pavillón de Galicia e nos premios da música folc "La Opinión".
Descargar todas as imaxes