Escoitar

Caballero ratifica que a relación de Vigo co Goberno central é "francamente boa"

O alcalde de Vigo téndelle a man ao Goberno central, tal e como lle trasladou esta mañá ao delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, para que as relacións co Goberno central segan "co momento de entendemento" que están a vivir nestes intres. Nunha comparecencia conxunta, Caballero constatou "que a relación do Goberno de España con esta cidade é fracamente boa". O delegado do Goberno visitou esta mañá oficialmente o Concello de Vigo, saudou a toda a Corporación e repasou co rexedor os temas pendentes do Goberno central na cidade.

xoves, 16 feb 2012
1329397381juarez.jpg
O primeiro edil, Abel Caballero e o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, fixeron esta mañá repaso dos temas pendentes entre o Executivo central e a cidade. Durante a visita institucional e logo de saudar á Corporación e asinar no Libro de Honra, Caballero e Juárez compareceron conxuntamente en rolda de prensa, unha intervención que o rexedor aproveitou para constatar "que a relación do Goberno de España con esta cidade é francamente boa". Como xa lle dixen ao delegado -puntualizou- estas boas relacións non cambiaron tras os resultados das urnas e "estamos a vivir unha magnífica situación de entendemento que nos agrada que siga así".

Na intervención cos medios de comunicación, Caballero enumerou os temas que tratou co delegado, entre os que destacou a chegada do Ave a Vigo por Cerdedo; a "satisfacción absoluta" coa decisión da ministra de Fomento de manter a estación de Tom Mayne;a autovía Vigo-Pontevedra libre de peaxe; a autovía Vigo-O Porriño; a ponte de Rande e a depuradora. Neste asunto se detivo para recordar que o proxecto "vai en prazo" que é o Goberno central o que asume todo o custo posto que adianta os recursos da Xunta e transfire 105 millóns procedentes de Europa a fondo perdido. Referiuse tamén á Biblioteca do Estado, pendente de que o concello faga a expropiación da Panificadora, segundo indicou.

Neste repaso, o alcalde tamén incluíu a importancia do Executivo no apoio á automoción "que ten bo horizonte na cidade", así como aos apoios ao naval , recordando os 420 millóns en avais, así como á "magnífica" decisión de Pymar de aprobar o concurso de acreedores de Vulcano, "tal e como solicitamos no Consello Económico da cidade xa que agora Vulcano ten un horizonte empresarial aberto" e, en terceiro lugar, aludiu ao novo tax lease, pendente de ser ratificado en Europa.
Descargar todas as imaxes