Escoitar

Caballero distingue a 24 alumnos de primaria gañadores do concurso de pintura de Vigolandia

O rexedor foi esta mañá o encargado de recoñecer o "traballo e a creatividade" de 24 alumnos de primaria que participaron no certame de pintura de Vigolandia, que este ano contou coa visita de máis de 20.000 persoas. Nesta sexta edición do certame foron 23 os centros escolares que participaron con preto de 2.100 traballos.

mércores, 15 feb 2012
1329312496vigolandia.jpg
Vintecatro alumnos de primaria foron distinguidos esta mañá como os galardoados dentro do concurso de pintura "A música do Nadal" organizado en Vigolandia o pasado mes de decembro. Durante a entrega de diplomas, organizada hoxe mércores na Alcaldía, o rexedor loubou "o traballo e a creatividade" de todos os partipantes e, en especial dos premiados. Nesta sexta edición do certame foron 23 os centros escolares participantes e preto de 2.100 os traballos presentados.

Este concurso de pintura foi unha das actividades que este año se desenvolveu no Ifevi no transcurso de Vigolandia, que o pasado ano pechou as súas portas con máis de 20.000 visitantes.
Descargar todas as imaxes