Escoitar

Caballero traslada a súa "satisfacción" coa decisión de Pymar de aceptar a quita do 80% da débeda de Vulcano

"Vigo non se concibe sen naval e sen Vulcano" asegurou esta mañá o rexedor polo que valora con "absoluta satisfacción" a decisión de Pymar de aceptar a quita do 80% da débeda do concurso de acreedores que permitirá viabilizar un "dos estaleiros claves e neurálxicos da cidade".<br /> <br />

martes, 14 feb 2012
1329223982alcalde5.jpg
Abel Caballero valora con "satisfacción absoluta" a decisión de Pymar de aceptar o 80% da débeda do concurso de acreedores do estaleiro porque "Vigo non se concibe sen naval e sen Vulcano". O alcalde lembrou a importancia desta decisión, que xa fora solicitada desde o Consello Económico por unanimidade de todos os seus membros, polo que reitero, dixo, "a nosa satisfacción e recoñecemento porque Pymar viabiliza un dos estaleiros claves e neurálxicos da cidade".

Tamén aludiu á necesidade de buscar unha solución ao problema do tax laease, para que se poida poñer en marcha "o antes posible un sistema alternativo, o francés, ou outro, para que o naval resucite", indicou. Na súa intervención cos medios, o rexedor referiuse a unha conversa que mantivo co director xeral de Citroën, quen lle trasladou que a factoría na cidade segue segundo o programado polo que "Vigo podería estar encauzando ben o seu futuro para saír da crise", indicou Caballero. Rematou explicando que desde o Concello traballan para fomentar o despegue do sector hosteleiro, outro dos piares da economía da cidade.

Descargar todas as imaxes