Escoitar
Anuncio

Atopar emprego a través das redes sociais

A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Emprego, convoca tres sesións a modo de obradoiros de busca de emprego coa web 2,0 e as redes sociais como referente, co fin de difundir o novo escenario do mercado laboral, facilitando ás persoas que buscan emprego unha maior e mellor adaptabilidade á nova realidade.

luns, 13 feb 2012
1329140089redes.jpg
Contido: Tres sesións a modo de obradoiros de busca de emprego coa web 2,0 e as redes sociais como referente. Nunha primeira sesión explicarase o concepto da web 2,0, das redes sociais e a súa relación coa busca de emprego. A segunda sesión práctica centrarase nas redes sociais específicas relacionadas co emprego (Linkedin, Xing e Viadeo). Buscarase que os/as participantes poidan acceder a algunha das máis importantes e ver así exemplos de uso e funcionamento. Na terceira sesión verase de xeito específico a función dos blogs e dos servizos de microblogging, que permiten un maior aporte de contidos persoais ( Blogger, Twitter e redes especializadas).

Datas e lugares:
VIGOSÓNICO (Estrada do portal s/n, Parque Tecnolóxico de Valadares)
14, 15 e 16 de febreiro, de 17 a 19:00h.

CASA DA XUVENTUDE (López Mora nº 31).
5, 6 e 7 de marzo, de 11 a 13:00h.

Destinatarios: Mocidade interesada en xeral.

Máis información e inscricións: Inscrición previa en cada espazo e máis información na www.xuventudevigo.org e nos teléfonos (Vigosónico) 608848989 e (Casa da Xuventude) 986.294806.
Descargar todas as imaxes