Escoitar

O goberno local adxudica 72 novas bolsas de idiomas e ultima humanizacións por valor de 13 millóns de euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, que validou a adxudicación de 72 novas axudas estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, que mellorarán a súa capacitación no estranxeiro cos 100.000 euros que adica o Concello ao efecto. O Concello tamén aprobou os plans de seguridade e saúde previos á humanización de sete rúas, cun investimento próximo aos 13 millóns de euros e que iniciaránse en dúas semanas.

venres, 10 feb 2012
1328879700alcalde4.jpg
Segundo detallou Caballero, as bolsas de estudos adxudicadas permitirán a 72 alumnos da sede viguesa da Escola Oficial de Idiomas estudar dúas semanas no estranxeiro inglés, alemán, francés, italiano e portugués, para o que o Concello adica un total de 100.000 euros. O Concello recibiu 168 solicitudes.

Do total de 72 bolsas concedidas, medio centenar serán para estudantes de inglés, que partirán o próximo 31 de marzo a Londres; outras dez irán para alumnado de francés, cinco para alemán e italiano, e dúas máis para portugués. Cara ao próximo ano, Caballero apuntou que a dirección da EOI solicita ao Concello unha axuda para chino, que "con toda probabilidade" será outorgada.

O alcalde recordou que, nos últimos anos, o goberno que preside destinou case 2,4 millóns de euros a axudas para que os estudantes da cidade poidan mellorar a súa capacitación en idiomas no estranxeiro, unha iniciativa da que beneficiáronse máis de 1.000 alumnos da cidade, entre os da Escola Oficial de Idiomas e os da Esinanza Secundaria Obrigatoria.

Humanizacións
A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde aos plans de seguridade e saúde das obras de humanización de sete rúas viguesas, cun investimento municipal que aproxímase aos 13 millóns de euros, e que darán comezo en dúas semanas.

Esta aprobación supón na práctica o último trámite administrativo previo ao inicio dos traballos de humanización das segundas fases de Martínez Garrido -2,5 millóns- e Ramón Nieto -1,5 millons-, Doctor Marañón -807.000 euros-, Nicaragua -2,5 millóns-, Menéndez Pelayo -2,5 millóns-, Pintor Colmeiro -870.000 euros- e Brasil -2,1 millóns-.
Descargar todas as imaxes