Escoitar

O Concello acometerá dúas obras de infraestrutura no Comedor da Esperanza

Abel Caballero reiterou hoxe xoves a aposta do Goberno municipal por manter e incrementar as achegas a política social, anunciando que o Concello acometerá dúas obras "urxentes" no Comedor da Esperanza. Así llo trasladou ás reitoras deste centro social logo de que estas llo solicitaran ao longo dun encontro que tivo lugar esta mañá na Alcaldía.

xoves, 9 feb 2012
1328793550monja.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou esta mañá de xoves que o Concello aportará os 8.000 euros aos que se eleva as dúas obras de infraestrutura que o Comedor da Esperanza precisa de xeito urxente. Logo de manter esta mañá un encontro coas reitoras deste centro social, o rexedor reiterou o compromiso do Goberno municipal co mantemento e o incremento das partidas de política social, "os comedores son unha mostra da solidariedade da cidade e aí o Concello ten que estar", indicou.

Segundo explicou, as responsables do comedor lle transmitiron que o número de usuarios deste servizo practicamente se duplicou nos últimos tres anos e que cambiou o perfil do usuario, cara a parellas mozas con nenos pequenos.
Descargar todas as imaxes