Escoitar

O alcalde cifra en 500 os empregos creados co investimento público municipal de 2012

Abel Caballero explicou hoxe mércores que o investimento público incluído nos orzamentos municipais para 2012 -principalmente en humanización de rúas- significarán a creación de 500 postos de traballo, dos que alomenos un tercio procederá do desemprego. O goberno local incluíu unha cláusula pola que a creación de emprego suporá o 10% da puntuación para a adxudicación da obra pública do Concello.

mércores, 8 feb 2012
1328704152alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo indicou que as políticas de investimento público municipal, fundamentalmente na humanización dun número significativo de rúas, significarán traballo para unhas 500 persoas, entre directos e indirectos, das que unha terceira parte procederá das listas do desemprego.

Abel Caballero defendeu ademais que a calidade das rúas tras a súa humanización xera actividade económica -e en consecuencia laboral- en sectores como o da hostelería e o turismo.

O primeiro edil recordou que o goberno local incluíu unha novidosa cláusula pola que a creación de emprego puntúa ata un 10% nas adxudicacións da obra pública do Concello, algo co que o goberno pretende beneficiar a aquelas empresas que xeren un maior número de postos de traballo. Caballero, quen salientou non coñecer ningunha administración pública que incorpore algo similar, valorou que "estamos a situar o emprego no corazón da actividade de obra pública en Vigo".
Descargar todas as imaxes