Escoitar

30 alumnos de institutos da cidade participan no I Club de Debate

O Verbum acolleu o mércores día 8 ás 17 horas, a primeira edición do Club de Debate que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio. Esta actividade busca dinamizar o uso da lingua galega mediante o traballo da fluidez comunicativa e o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade.

martes, 7 feb 2012
1328621048scale.jpg

Nesta edición participan os institutos Politécnico 1, Castelao, Politécnico 2 e CPR San Blas-Vista Alegre, e debaterán sobre " A relixión debe estar no sistema educativo". O debate establecese como unha competición que constará de duas fases preliminares e unha final. As fases preliminares serán os días 8 e 15 de febreiro e a finalo 14 de marzo.

Os obxectivos do Club de Debate son:
· Favorecer o emprego da lingua galega na mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais.

· Traballar no afondamento e no coñecemento dunha das habilidades sociais máis importante: a fluidez comunicativa, ligada á oratoria.

· Incitar o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade, deixando de lado os estereotipos da mocidade en canto intereses e preferencias.

· Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

· Colaborar cos ENDL dos centros de ensino secundario no labor de dinamización do uso da lingua galega para acadar a normalización do idioma.

O xurado está composto por cinco persoas e integrado por María Teresa Vázquez de la Cruz, como presidenta; e os vogais Milagros Alonso ( xornalista); Francisco Castro ( escritor); Mar Pino ( secretaria de xulgado) e Paula Soto ( técnica de normalización lingüística do Concello de Moaña)

O equipo campión será premiado cun vale de 500 euros para mercar libros e/ou banda deseñada en galego, así como unha viaxe de fin de semana para 20 persoas.
Descargar todas as imaxes