Escoitar

Coloquio sobre Clara Campoamor:"O feminismo como xustiza"

O Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza o martes, 7 de febreiro ás 19 horas, unha charla/coloquio sobre Clara Campoamor "O feminismo como xustiza" a cargo de María José del Río, profesora especialista en historia das mulleres.

luns, 6 feb 2012
1328532815claracampoamor.jpg.jpg
No ano 1931, en España proclámase a Segunda República. Neste contexto, as mulleres son elixibles pero non poden votar. Clara Campoamor e Victoria Kent son as primeiras mulleres deputadas que pisan as cortes e consideran moi firmemente loitar polos dereitos da muller. Clara Campoamor sabe que iso pasa por unha primeira e gran conquista: o voto feminino. A partir deste momento, a súa loita non é nada fácil. Moi pronto atopa o seu primeiro obstáculo: os seus propios compañeiros de partido, republicanos, de esquerdas; temen que as mulleres voten influenciadas pola igrexa e, por iso, á dereita, así que lle dan as costas. Ese argumento xeneralízase e fai que Clara Campoamor vaia quedando soa no parlamento na defensa do sufraxio universal. Despois dunha loita constante, e tras múltiples traicións, o 1 de decembro de 1931, Campoamor consegue seu obxectivo: o voto para as mulleres.
Descargar todas as imaxes