Escoitar
Anuncio de Cultura e Festas

Inscrición de Concursos do Entroido 2012

A Concellería de Cultura e Festas abre o prazo de inscricion para os concursos de coplas, comparsas e disfraces do Entroido 2012. As bases e as solicitudes atopanse na oficina de Información do Concello e o prazo de presentación será desde o 3 ata o 11 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces cuxa inscrición se fará directamente na praza de Compostela o día 21 de febreiro, de 17,00 a 18,00 hora.

venres, 3 feb 2012
1328267862Entroido05.4.jpg
Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Federación de Peñas "El Olivo" e coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócase os seguintes concursos relacionados co Entroido 2012.

-"Concurso de Coplas", que vai ter lugar o vindeiro 17 de Febreiro, na praza da Constitución. O número máximo de participantes neste concurso limítase a seis, tendo como único criterio de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral.

-"Concurso de Comparsas", cuxo desfile vai ter lugar o vindeiro 18 de febreiro, entre a rotonda de Isaac Peral e Porta do Sol. A orde no defile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorte público, que terá lugar o día 15 de febreiro ás 12,00 horas no auditorio da Casa do Concello.

-"Concurso de Disfraces", entre as persoas (individual, grupos, etc..) que desfilen polo escenario que se instalará na praza de Compostela o martes 21 de febreiro.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases mailas solicitudes de inscrición se atopan á súa disposición na oficina de Información do concello e que o prazo de presentación será desde o 3 ata o 11 de febreiro, ambos inclusive, a excepción do Concurso de Disfraces cuxa inscrición se fará directamente na praza de Compostela o día 21 de febreiro, de 17,00 a 18,00 horas.
Descargar todas as imaxes

Máis información