Escoitar

O alcalde avanza a inclusión dun "ambicioso" plan de emprego nos orzamentos municipais de 2012

Abel Caballero indicou este xoves que o borrador das contas municipais para 2012 que o goberno local trasladará aos grupos políticos a próxima semana incluirá "un programa de creación de emprego extraordinariamente ambicioso", baseado na contratación directa, no apoio á contratación e nas políticas keynesianas de xeración de postos de traballo.

xoves, 2 feb 2012
1328187491Imagen010.jpg
O alcalde adiantou que este programa inclúe unha iniciativa -que pasou hoxe pola Xunta de Goberno Local- dirixida a "actividades de información, orientación e procura de emprego", cun investimento próximo aos 200.000 euros.

O goberno local solicitou á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia unha subvención de 123.000 euros ao efecto, ao que sumaríanse 72.000 euros de fondos propios do Concello de Vigo. Esta medida "forma parte dun programa de creación de emprego extraordinariamente ambicioso que imos plasmar nos orzamentos que presentaremos aos grupos da oposición seguramente o próximo martes", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes