Escoitar

Caballero salienta o traballo "produtivo" a desempeñar polos 84 novos empregados municipais

O alcalde de Vigo ofreceu este mércores a súa benvida aos novos traballadores do Concello, 84 empregados de promoción interna ou de quenda libre que obtiveron a súa praza na Oferta de Emprego Público. Abel Caballero indicou que trátase dun "traballo moi produtivo" e recordóulles que "somos todos servidores públicos dos 300.000 cidadáns" de Vigo.

mércores, 1 feb 2012
1328101132funcionariosmunicipales.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou hoxe mércores a súa "satisfacción" pola toma de posesión dos novos traballadores do Concello, personal que desempeñará unha función "produtiva".

Caballero apuntou que "contribuirán ao mellor funcionamento da administración pública e por tanto ao da cidade", pois Vigo "precisa moito" das "pautas" da xestión pública para "marcar sendeiros" polos que "ir resolvendo" os retos que afronta a cidade.

O alcalde de Vigo animou ao novo persoal municipal ante a súa laboura e indicoulles que "somos todos servidores públicos dos 300.000 cidadáns" da cidade.
Descargar todas as imaxes