As paisaxes de Xosé Luis Otero, nova mostra pictórica na Alcaldía de Vigo
O alcalde, o artista e distintos corporativos e representantes da cultura viguesa participaron este mércores na inauguración dunha nova edición de Mostrarte -iniciativa que leva a pintura ás dependecias municipais-, nesta ocasión a cargo de Xosé Luis Otero. O seu trazo desbota a liña firme para construir recoñecibles paisaxes galegas mediante manchas de cor.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores a mostra pictórica do artista galego Xosé Luis Otero, dentro dunha nova edición de Mostrarte, iniciativa que procura levar a arte ás dependencias municipais.
A súa obra, de trazos espesos, está composta por paisaxes excepcionais e recoñeciblemente galegos e universais, unha visión indeleblemente marcada pola natureza que esconde tanto de individual como de colectivo.
Descargar todas as imaxes