martes, 7 feb 2012
O Auditorio Municipal acolle o espectáculo de contos e cancións "Amour, humour et poésie" de la Compagnie de l’Herbe d’or" organizado pola Alianza Francesa de Vigo, o mércores 8 de febreiro ás 20.30 horas.Trátase dunha conferencia que lles revelará todo o que sempre quixeron saber sobre o amor, o encontro, a vida en parella, a separación e o soño…<br />
martes, 7 feb 2012
Caballero felicitou hoxe á ministra de Fomento, Ana Pastor, por ratificar o seu compromiso coa chegada do AVE por Cerdedo e coa construción da estación do tren de alta velocidade deseñada polo arquitecto Tom Mayne. Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o alcalde indicou que "teño que recoñecer que a ministra fixo unha grande achega a esta cidade", referíndose ás declaracións que a titular de Fomento fixo o venres día 3 cando presidiu o acto de entrada da segunda tuneladora na cidade.
martes, 7 feb 2012
Abel Caballero trasladou este martes a proposta municipal aos decanos dos colexios de Procuradores e Avogados e ao Xuiz Decano de Vigo, unha alternativa que podería materializarse de inmediato e polo que o Concello cedería os terreos de titularidade pública -valorados en 1,2 millóns- e a Xunta de Galicia adquiriría o privado, recuperando posteriormente o investimento cando os promotores desenvolvan o ámbito urbanístico.
martes, 7 feb 2012
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este martes que o borrador do orzamentos municipais para 2012, entregado hoxe aos grupos políticos, ascende a 220,3 millóns de euros, un 2,07% menos que o de 2011 pola caída de ingresos. Segundo explicou o primeiro edil, as contas aumentan os recursos adicados a emprego, políticas sociais, instalacións deportivas e transporte público, ao tempo que caen o gasto en órganos de goberno e diminúe a débeda do Concello. <br />