Exposición "A Muller, unha innovadora na Ciencia"
A Casas das Mulleres acolle durante todo o mes de febreiro a exposición " A Muller, unha innovadora na Ciencia", que organiza a Concellería de Igualdade e colabora a Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela. A mostra consta de 21 paneis, nos que se relata a vida e obra doutras tantas mulleres de distintas épocas que desenvolveron o seu traballo principalmente no campo das matemáticas.
Esta exposición elaborouse dentro dun amplio proxecto denominado " A muller como elemento innovador na ciencia", que se desenvolve desde fai varios anos desde a comisión de mulleres e matemáticas da Real Sociedade Matemática Española, na que participa a Universidade de Santiago de Compostela, sendo esta universidade a responsable desta exposición en Galicia.
A mostra consta de 21 paneis, nos que se relata a vida e obra doutras tantas mulleres de distintas épocas que desenvolveron o seu traballo principalmente no campo das matemáticas.
Con esta mostra quérese de novo demostrar que non é verdade que non existiran mulleres adicadas á ciencia, senon que as mulleres científicas ficaron durante moito tempo ocultas. De ahí que sexa necesario reescribir a súa historia, cun novo ollar para rescatalas do esquecemento e comprobar que a contribución feminina no ámbito científico-tecnolóxico foi importante.
A versión en galego da exposición, contén un novo panel adicado á matemática galega María Wonenburguer, nombrada socia de honor da Real Sociedade Matemática Española. O seu percorrido vital demostra unha gran valía persoal e científica. Singular estudante, lonxe da súa familia e da súa terra. Primeira bolseira Fullbright de Matemáticas en España. Doutora en Yale. O seu esforzo por chegar a ser unha investigadora e docente universitaria, sempre consciente dos obstáculos para podelo conseguir no seu país, foi axiña recompensado: no Canadá foi a única muller docente e nos EE UU gañou nos anos 70 do século XX o posto de Full Professor (equivalente a catedrática).
Horario Casa das Mulleres (rúa Romil,20): de luns a venres de 17:30 a 21:30
Descargar todas as imaxes