Escoitar

O alcalde ofrece á Xunta cooperar na adquisición dos terreos para a Cidade da Xustiza

Abel Caballero trasladou este martes a proposta municipal aos decanos dos colexios de Procuradores e Avogados e ao Xuiz Decano de Vigo, unha alternativa que podería materializarse de inmediato e polo que o Concello cedería os terreos de titularidade pública -valorados en 1,2 millóns- e a Xunta de Galicia adquiriría o privado, recuperando posteriormente o investimento cando os promotores desenvolvan o ámbito urbanístico.

martes, 7 feb 2012
1328620351juezdecano.jpg
O alcalde de Vigo recordou que o goberno local achegaría a parte pública dos terreos designados -unha terceira parte do total- e propón á Xunta de Galicia que adquira o restante, cun custe neto cero pois a administración autonómica recuperaría o investido cando os promotores desenvolvan o ámbito e cedan os aproveitamentos.

O custo dos terreos que achegaría o Concello de Vigo suma 1,2 millóns de euros, unha "oferta xenerosísima" pois a Xunta de Galicia recuperaría todo o investido de inicio na adquisición dos terreos.

O rexedor informou que a vía da ocupación directa para comprar as nove vivendas -a proposta pola Xunta- non é legal, co que resta o acordo cos afectados ou a expropiación. Caballero lembrou que a Xunta podería realoxar ás familias coas vivendas que posee o Instituto Galego de Vivenda e Solo. "É unha proposta que pode materializarse mañá se a Xunta de Galicia quere", concluíu.
Descargar todas as imaxes