O Concello organizará os actos de celebración do centenario do Rápido de Bouzas
Tras unha reunión co equipo directivo do club, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que estudarán os proxectos presentados polo Rápido por mor do seu centenario, que terá lugar na próxima campaña 2012-2013. Caballero indicou que o Rápido de Bouzas é o vicedecano do fútbol galego e a súa será a unha "homenaxe a todo o fútbol de Bouzas e tamén ao vigués".
Nunha entrevista celebrada na mañá deste mércores na Alcaldía, os directivos do Rápido de Bouzas solicitaron que sexa o Concello de Vigo o que pilote os actos de celebración do centenario do club, o que o alcalde aceptou por ser o equipo e Bouzas "parte moi importante da cidade".
O primeiro edil adiantou que a celebración será "notable" e cara a súa programación estudarán os proxectos plantexados polo Rápido.
Descargar todas as imaxes
O primeiro edil adiantou que a celebración será "notable" e cara a súa programación estudarán os proxectos plantexados polo Rápido.