Escoitar

Danza no Auditorio Municipal

O auditorio do Concello acolle o venres, día 10,o espectáculo "Alén de Coa", escenificado pola compañía do bailarín Quique Peón. Unha obra na que a música e a danza tradicional son protagonistas.A actuación comezará ás 21 horas e ten un prezo de 7 euros.

xoves, 9 feb 2012
1328790579quiquepeon.jpg
"Alén da Croa" é unha historia baseada en diferentes relatos referidos ás lendas mouras, unha interpretación dunha parcela do noso imaxinario popular, da nosa cultura, no eido da tradición oral e levada ao escenario, por primeira vez, a través da danza.

En "Alén da Croa" mestúranse distintas linguaxes de danza: a tradicional galega, a oriental-tribal e a contemporánea, xunto co teatro e a música, todo envolto nun marco netamente contemporáneo e traído aos nosos días, facendo de "Alén da Croa" algo novidoso e úico dentro do abano dos espectáculos de danza en Galicia.
Descargar todas as imaxes