Caballero anuncia o inicio da rehabilitación dunha "xoia arquitectónica" viguesa do século XIX
O alcalde de Vigo acudiu este venres á rúa Carral número 13, onde en "dous ou tres meses" darán comezo os traballos de rehabilitación dunha "xoia arquitectónica da cidade", que data de finais do século dezanove. Explicou Abel Caballero que, durante os traballos de recuperación, respectarase tanto a fachada orixinal coma a estructura interior do inmoble. O goberno local inicia ademais a tramitación para axudar á rehabilitación de 32 inmobles no Casco Vello vigués.
Abel Caballero estimou que é "obriga da cidade" recuperar este edificio que agora atópase "bastante deteriorado", unha rehabilitación que respectará tanto a fachada orixinal como a estrutura interior, incluídas as galerías de ferro.
Caballero explicou que este inmoble naceu como residencia familiar do arquitecto -Benito Gómez Román- e, tras a súa reforma, conservará as tres vivendas que incluía orixinalmente, incluída a distribución das mesmas.
O alcalde vigués estimou que os traballos de rehabilitación deste inmoble poderán comezar en "dous ou tres meses" e alongaranse as obras durante uns 18 meses, aproximadamente. Caballero apuntou asemade que Urbanismo iniciou esta semana expedientes para conceder axudas á rehabilitación de 32 edificios no Casco Vello vigués.
Xerencia de Urbanismo
Abel Caballero deu conta dos asuntos abordados no Consello semanal da Xerencia, que validou a concesión de 24 licenzas de obras, entre as que destaca a licenza de actividade para a sede social e aula de formación da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, en Martínez Garrido.
"Estamos nun avance de licenzas que significa unha razonable reactivación" tanto de pequenas vivendas como de edificios, segundo indicou o rexedor vigués.
Descargar todas as imaxes