Caballero eloxia a "excepcional calidade" do colexio Rosalía de Castro nos seus 50 anos de traxectoria
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Educación, Raquel Díaz, visitaron este martes o centro Rosalía de Castro, que no pasado ano 2011 cumpríu 50 anos de traxectoria educativa na cidade. O primeiro edil subliñou este "feito importante na cidade", tras o que salientou a pedagoxía e a calidade educativa impartida polos directores e docentes do colexio durante medio século.
O alcalde felicitou ao profesorado e aos pais e nais do alumnado do Rosalía de Castro e apuntou que a "calidade" deste centro vigués é "pouco común atopalo en ningún lugar de España". Agradeceu tamén Caballero, no nome da actual dirección, a todos aqueles directores e educadores que formaron parte do colexio desde o seu nacemento ata a actualidade.
Descargar todas as imaxes