Escoitar

Abel Caballero recibe a membros da Anpa do Celso Emilio Ferreiro

Abel Caballero reuniuse esta tarde con representantes da Anpa do Celso Emilio Ferreiro contrarios á decisión da Xunta de suprimir a ESO do centro escolar. Durante a reunión o alcalde deu a razón aos pais e nais deste centro educativo tras a decisión da Xunta de Galicia de alterar o plan docente do Celso Emilio Ferreiro.

mércores, 15 feb 2012
1329330977celso.JPG
Deste xeito, tal e como se informou na reunión, prodúcese un serio problema ás familias que mantiñan a expectativa de que os rapaces continuasen os seus estudios no centro. Ademais o traslado dos nenos ao IES Álvaro Cunqueiro producirá unha serie de dificultades que o rexedor vigués trasladará á Consellería de Educación. Ate o de agora as únicas melloras levadas a cabo no Celso Emilio Ferreiro realizáronse desde o Concello de Vigo.

Descargar todas as imaxes