Escoitar

Caballero "invita" a Xunta e Deputación a formar parte do Consorcio da UNED de Vigo

A Xunta de Goberno deu luz verde ao Convenio de constitución do Consorcio Centro de Internacionalización do Ensino do Campus Noroeste da Uned en Vigo. Deste xeito, en verbas do alcalde, "damos un gran paso coa creación deste consorcio e invito á Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra a formar parte do proxecto".

venres, 17 feb 2012
O rexedor municipal anunciou esta mañá de venres a aprobación do convenio do Centro de Internacionalización da Uned en Vigo que agora, indicou, terá que se ratificado pola dirección da Universidade a distancia coa previsión de que comece a funcionar en setembro, aínda que antes arrancará a aula de acceso, matizou. Segundo o convenio, neste centro internacional se impartirán todas as carreiras da Uned e Vigo será o centro de ensino en galego para toda España e o estranxeiro. Adicionalmente, explicou, será o centro de estudos da Uned para todos os países iberoamericanos.

Abel Caballero aproveitou a súa comparecencia cos medios para invitar a Xunta e Deputación de Pontevedra a "participar neste Consorcio" porque en Vigo hai máis de 3.000 persoas estudando na Uned. Indicou que lles enviará unha carta aos representantes de sendas institucións para installes a cooperar con un área de máis de medio millón de persoas porque hoxe "damos un grande paso coa creación deste consorcio e invito a Xunta e Deputación de Pontevedra a formar parte do proxecto".

Praias
A Xunta Local de Goberno tamén deu luz verde ao Plan de Ocupación e Explotación de Servizos das praias 2012, con 11 kioscos de máis de 20 metros cadrados cada un deles. Concretametne, se instalarán nos arenais de A Punta, Santa Baia, Tombo do Gato -aquí haberá dous-, Argazada, Samil -que contará con tres instalacións-, O Vao -que terá outras dúas- e a Etea, este último é una novidade. Por tanto, indicou o rexedor, imos a un proceso de solicitar permiso a Costas e a partir de aí "imos facer un prantexamento para que estas concesionarias se impliquen máis na limpeza e bo funcionamento das praias".