O Concello quere mellorar a mobilidade con novos túneles urbanos

martes, 4 xul 2006

O Concello propón dotar a Vigo de cinco túneles urbanos (Aragón-Martínez Garrido, Camelias-Venezuela, Castelao-Grove, Beiramar e Guixar) e unir o territorio municipal entre o nó de Buenos Aires e o nó da Balsa (segundo cinto) por medio da Ronda de Vigo. A proposta foi presentada hoxe martes pola alcaldesa, Corina Porro, como unha vía para "retirar o tráfico da superficie e mellorar a mobilidade".