O goberno local inicia unha campaña cidadá chamando ao consumo responsable de auga
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que hoxe xoves da comezo a campaña municipal en distintos medios de comunicación para sensibilizar á cidadanía viguesa da necesidade de aforrar auga, ante a eventualidade dun outono seco. Actualmente, o nivel embalsado no encoro de Eiras -o que suministra á cidade- atópase nun 51%, o que podería surtir de abastecemento ata xaneiro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que hoxe xoves dará comezo a campaña pública municipal para sensibilizar á cidadanía da necesidade de consumir auga con responsabilidade.
Tal e como anunciara o rexedor a pasada semana, a falta de choivas e as previsións metereolóxicas para os próximos días impulsan que o Concello inicie informacións en medios de comunicación para a sensibilización da veciñanza.
Caballero indicou que o nivel embalsado no encoro de Eiras, o que abastece de auga á cidade olívica, ascende ao 51% polo que "estamos en situación complicada". De continuar a seca, Vigo podería quedar sen auga en xaneiro, aínda que as medidas de aforro que ven aplicando desde semanas atrás o Concello están a surtir efecto, o que "é unha boa nova".
Descargar todas as imaxes