O alcalde invita a participar este domingo na "marcha de alegría" de Aspanaex
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, presentaron hoxe xoves xunto aos responsables da Asociación da XXVIII Marcha Aspanaex, que celebrarase este domingo ás 10:30 horas desde o Auditorio do Parque de Castrelos. Esta edición rendirá unha homenaxe á memoria do Irmán Marista Virgilio González, antigo director de Aspanaex.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este xoves á cidadanía a participar o próximo domingo, 2 de outubro, na "marcha de alegría" que organiza tradicionalmente Aspanaex.
O rexedor vigués, quen compareceu en rolda de prensa xunto aos responsables da entidade e a concelleira de Política do Benestar, Isaura Abelairas, abundou na respaldo do Concello á Asociación en favor da igualdade de oportunidades dos discapacitados intelectuais.
Segundo explicaron ante os medios de comunicación, a saída da XXVIII Marcha Aspanaex para todas as idades terá lugar o domingo ás 10:30 horas desde o Auditorio do Parque de Castrelos, con chegada no mesmo lugar e un percorrido de once quilómetros pola Praza de América, Camelias, Venezuela, Gran Vía, Príncipe, Pi y Margall, López Mora, Praza de América e volta ao parque de Castrelos.
A edición deste ano quere rendir homenaxe á memoria do Irmán Marista Virgilio González, antigo director de Aspanaex e persoa directamente vencellada co traballo a prol dos discapacitados intelectuais. De feito, o sábado celebrarase ás 18:30 horas unha homenaxe no Museo Verbum coa participación da Asociación e da congregación relixiosa.
Descargar todas as imaxes