luns, 26 set 2011
Abel Caballero deu hoxe cumprimento a un dos desexos que sempre manifestou o escritor Francisco Fernández del Riego de colaborar no enriquecemento bibliográfico da biblioteca pública da súa localidade natal, Lourenza, en Lugo. Así, o asinou hoxe luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero, de acordo co Padroado da Doazón da Biblioteca Fernández del Riego do Concello. Deste xeito, a biblioteca pública municipal "Juana de Ibarbourou", de Lourenzá, recibirá un lote de 2.684 títulos de libros e folletos do seu fondo de repetidos. O acto de cesión tivo lugar esta mañá na propia biblioteca Fernández del Riego.
luns, 26 set 2011
O Pleno da Corporación municipal de Vigo, cos votos favorables de socialistas e nacionalistas e a oposición do PP, acordou este luns aprobar unha moción do BNG instando ao goberno autonómico a restituir con urxencia as achegas aos municipios para a normalización lingüística, con prioridade "á creación, mantemento e estabilidade dos Servizos municipais de Normalización".
luns, 26 set 2011
Os votos de nacionalistas e socialistas permitiron aprobar unha moción que defendeu a concelleira de Educación, Raquel Díaz, na que se esixe á Xunta a retirada da decisión de diminuir ás axudas a garderías e, pola contra, que incremente o chamado "cheque infantil". Na sesión plenaria desta mañá tamén se decidiu instar á Deputación provincial a invertir en Vigo.