Escoitar

PSOE e BNG instan á Xunta á incrementar as partidas do "cheque infantil"

Os votos de nacionalistas e socialistas permitiron aprobar unha moción que defendeu a concelleira de Educación, Raquel Díaz, na que se esixe á Xunta a retirada da decisión de diminuir ás axudas a garderías e, pola contra, que incremente o chamado "cheque infantil". Na sesión plenaria desta mañá tamén se decidiu instar á Deputación provincial a invertir en Vigo.

luns, 26 set 2011
O Pleno do Concello aprobou esta mañá unha moción socialista na que se esixe á Xunta a revocar a súa decisión de recortar ás axudas a garderías e a incrementar o chamado "cheque infantil". BNG e PsdeG acordaron dar luz verde a un texto que, defendido pola concelleira de Educación, Raquel Díaz, aboga porque "ningún neno ou nena vigués quede inxustamente sen axuda escolar". Nesta sesión deuse luz verde, tamén cos votos de socialistas e nacionalistas, a solicitar que a Deputación de Pontevedra invirta en Vigo o "que lle corresponde". O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, apuntou na súa intervención que o organismo provincial ten que incluir estes compromisos nos orzamentos de 2012 xa que, recordou, "a Deputación non executou as partidas destiñadas a Vigo no orzamento de 2010 e no 2011 eses cartos pasaron a gasto corrente".

Os votos de sociaistas e nacionalistas decidiron, a súa vez, instar á Xunta de Galicia ao cambio no modelo de construción, xestión e financiación do novo Hospital de Vigo para que, segundo explicou na defensa da moción Cayetano Rodríguez, se retome o proxecto de acordo cos criterios elaborados e aprobados polo anterior goberno autonómico.

O Pleno da Corporación tamén aprobou, neste caso por unanimidade, unha moción do Partido Popular solicitando que as contratacións de personal se fiscalicen a través do departamento de Recursos Humanos; así mesmo, todos os grupos apoiaron outra moción popular na que se pedía que se respecten as estruturas culturais xa creadas na cidade e que se informe sobre futuras accións a realizar.