mércores, 28 set 2011
O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha entrevista co concelleiro de Turismo, Cayetano Rodríguez, e co novo xerente da entidade, Pablo Cameselle. De cara á nova etapa da Vigo Convention Bureau, Caballero encargoulle ampliar o "ámbito de actuación" da entidade, "relanzar o Plan Estratéxico de Turismo" de Vigo -que inclúe a promoción da marca Vigo- e "levar adiante o plan de potenciación do aeroporto elaborado desde o Concello".
mércores, 28 set 2011
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, visitaron este mércores a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, localizada en Martínez Garrido, o primeiro centro municipal destas carácteristicas. A biblioteca, aberta a finais de marzo, recibiu a 25.000 usuarios nos seus case 400 metros cadrados de superficie, con 64 postos de lectura, audiovisuais, información, 10 ordenadores e zonas WiFi. Abelairas presentou a programación do centro para os próximos meses, que contou coa "implicación" dos profesionais e veciñanza
mércores, 28 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe martes un encontro oficial co comandante do buque escola HMS GLADAM presente na nosa cidade. Logo da reunión protocolaria na que tamén estivo presente o consul de Suecia, Henry H. A. Guyatt, o rexedor apuntou a posibilidade de que os grandes buques que visitan Vigo organicen xornadas de portas abertas e avanzou que lle prantexará esta posibilidade ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
mércores, 28 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na tarde de hoxe, na alcaldía, unha reunión con membros do comité organizador do XXXVII Simposio da Asociación Española de Economía 2012.