Caballero encarga ao novo xerente da Vigo Convention Bureau difundir a marca Vigo en España e Europa
O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha entrevista co concelleiro de Turismo, Cayetano Rodríguez, e co novo xerente da entidade, Pablo Cameselle. De cara á nova etapa da Vigo Convention Bureau, Caballero encargoulle ampliar o "ámbito de actuación" da entidade, "relanzar o Plan Estratéxico de Turismo" de Vigo -que inclúe a promoción da marca Vigo- e "levar adiante o plan de potenciación do aeroporto elaborado desde o Concello".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto ao concelleiro de Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, entrevistáronse este mércores co novo director xerente da Vigo Convention Bureau, Pablo Cameselle.
Caballero adiantou que, en 10 ou 15 dias, terá lugar a primeira reunión do Padroado xa co novo xerente para a definición das "grandes liñas de actuación" da entidade. O alcalde e presidente da Vigo Convention Bureau quere que esta "amplíe o ámbito de actuación", reactive "o Plan Estratéxico de Turismo de Vigo", do que falta desenvolver a súa terceira fase.
Dentro desta fase abordarse "un gran tema": a Marca Vigo. Abel Caballero porá en mans da nova Xerencia elaborar un programa de difusión de Vigo tanto en España como en Europa. En último lugar, a Vigo Convention Bureau levará adiante "o plan de potenciación do aeroporto de Vigo elaborado desde o Concello"
No referente á estratexia aeroportiaria, a entidade traballará desde a "cooperación" cos sectores "directamente implicados" no turismo vigués, xa que Peinador é "central" para a cidade. Caballero avogou pola "coordinación" de todos aqueles organismos e institucións que aporten recursos para continuar potenciando o aeroporto, tras o que preguntouse cal será a achega económica da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o sector empresarial.
Novo xerente
En verbas do edil de Turismo, o novo xerente ten "prestixio" e coñecemento "acreditado" no ámbito europeo, en particular turístico e de negocios, ao ser un experto en materia de xestión aeroportuaria. Cayetano Rodríguez felicitou ao anterior responsable do ente, Javier Arnau, polo traballo realizado na posta en marcha e desenvolvemento na etapa inicial da VCB, e definiu ao novo responsable da Vigo Convention Bureau como unha peza "fundamental" para o "desenvolvemento estratéxico" do turismo vigués.
Pola súa banda, Pablo Cameselle afirmou que dará continuidade á incorporación de empresas e institucións ao mesmo, ademais de buscar novos "nichos de desenvolvemento para o turismo en Vigo, aproveitando a singularidade da cidade, e iso pasa principalmente por mirar máis á Ría", en particular a pesca e o naval, aseverou.
O novo xerente afirmou que traballará para "fomentar sobre todo a coordinación dos distintos actores" inmersos na política turística e congresual viguesa, xa que pode configurarse como unha "nova vía para saír da crise, reactivar a actividade económica e para por a Vigo no mapa".
Descargar todas as imaxes