Caballero avoga porque os grandes buques que visitan Vigo manteñan xornadas de portas abertas
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe martes un encontro oficial co comandante do buque escola HMS GLADAM presente na nosa cidade. Logo da reunión protocolaria na que tamén estivo presente o consul de Suecia, Henry H. A. Guyatt, o rexedor apuntou a posibilidade de que os grandes buques que visitan Vigo organicen xornadas de portas abertas e avanzou que lle prantexará esta posibilidade ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
O rexedor municipal avanzou hoxe martes a posibilidade de que os grandes buques que atracan en Vigo, como o buque escola da armada sueca HMS GLADAM, organicen xornadas de portas abertas. Caballero indicou que lle prantexará esta iniciativa ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López Chaves, enmarcándoa "na nosa vocación turística e comercial". O alcalde fixo estas declaracións logo de reunirse co comandante do HMS GLADAM, atracado no muelle de comercio, un encontro "de cortesía" no que tamén estivo presente o consul de Suecia, Henry H. A.
Descargar todas as imaxes