O alcalde cifra en 25.000 os usuarios da biblioteca municipal Neira Vilas nos seus seis primeiros meses
O alcalde, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, visitaron este mércores a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, localizada en Martínez Garrido, o primeiro centro municipal destas carácteristicas. A biblioteca, aberta a finais de marzo, recibiu a 25.000 usuarios nos seus case 400 metros cadrados de superficie, con 64 postos de lectura, audiovisuais, información, 10 ordenadores e zonas WiFi. Abelairas presentou a programación do centro para os próximos meses, que contou coa "implicación" dos profesionais e veciñanza
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este mércores que 25.000 usuarios pasaron pola biblioteca municipal Xosé Neira Vilas desde a súa posta en marcha a finais do pasado mes de marzo.
Na súa primeira visita ao centro, Caballero subliñou que as bibliotecas de barrio son un "modelo moi satisfactorio" que prevé ampliar a outros puntos da cidade pola "enorme demanda" entre a cidadanía. Recordou o rexedor que o investimento realizado na obra supera os 1,2 millóns de euros, dos que o Plan E do Goberno de España achegou case medio millón de euros, o goberno local aportou 600.000 euros e a Xunta de Galicia 160.000 euros.
Abel Caballero detallou que a dotación cultural ten unha superficie próxima aos 400 metros cadrados, que dan cabida a 64 postos de lectura, 5 postos audiovisuais, puntos de información e de consulta de catálogo, 10 ordenadores de uso público e dúas zonas wiFi, conformando unha "biblioteca da modernidade".
Dos 25.000 totais no Neira Vilas, 2.000 persoas foron usuarios de préstamo de libros, e o alcalde apuntou que o centro acolle máis de 9000 exemplares, "a gran maioría achegados polo Concello".
En segundo lugar, Isaura Abelairas quixo "resaltar a programación en sí" elaborada para os próximos meses, complementando o investimento realizado na biblioteca. Ademais, subliñou a "implicación" na súa preparación dos profesionais da formación de lectores, do barrio a través da asociación veciñal e outros centros como a Escola Oficial de Idiomas.