venres, 30 set 2011
Explicou Abel Caballero que o Consello da Xerencia de Urbanismo deste venres deu luz verde ao proxecto inicial de urbanización de Tomás Paredes, un ámbito de 12.500 metros cadrados, con 2.000 metros cadrados de zonas verdes e unha parcela de 800 metros para a construcción de vivenda protexida. O rexedor indicou que este ámbito "reflicte moi ben o espíritu do PXOM". Das 120 vivendas que inclúe, o 52% terán algún tipo de protección.
venres, 30 set 2011
"Observamos con preocupación que a crise, de gran dureza, e a necesidade de pervivencia están a cambiar la escala de valores", apuntou o alcalde, un cambio no que o medioambiente non pode ver alterada a súa posición prioritaria na axenda política. Caballero participou este venres no Auditorio Mar de Vigo na mesa "Mobilidade Urbana. Vehículo Eléctrico", dentro do I Foro Atlántico de Desenvolvemento Sostible.
venres, 30 set 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá de hoxe venres un encontro institucional co comandante do buque da Armada Española Juan Carlos I, Cristóbal González-Ayer Lacalle. Na recepción oficial tamén estivo presente o comandante naval de Vigo, Joaquín Ballesteros.
venres, 30 set 2011
A compañía Marie de Jongh subirá ao escenario do Auditorio Municipal o domingo 2 de outubro ás 18 horas para retratar en "Humanos" a dous robots aparentemente humanos que recrean condutas humanas onde nada é para sempre. Prezo: adultos 5 €, menores de 12 anos 3 €
venres, 30 set 2011
A Fundación Laxeiro presenta "No me escribas, tampoco verte", unha videoinstalación do artista pepebeas (Córdoba, Arxentina, 1955) que se inscribe dentro do proxecto Entre mares, unha colaboración da fundacion co Collblanc espai d’art de Castellón.
Anuncio da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado
venres, 30 set 2011
A Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado organiza oito obradoiros de concienciación medioambiental para o aforro de auga, dous en cada un dos centros cívicos municipais, cunha duración de 2 horas e 30 minutos que se desenvolverán nas seguintes datas e horarios: