Caballero revela que seis aparcadoiros soterrados aplicarán proporcionalmente as tarifas por minuto
Segundo informou o alcalde de Vigo, a Xunta de Goberno Local acordou este venres que os aparcadoiros de Urzáiz, Praza da Independencia, Coruña, Venezuela, Fernando el Católico e Praza do Rei pasen a aplicar as tarifas por minuto con independencia do tempo de estacionamento. O goberno acata así unha sentenza xudicial que entrará en vigor de inmediato.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres do acordo adoptado polo goberno local de aplicar de xeito inmediato e de forma "estrictamente proporcional" a tarifación por minutos en seis aparcadoiros da cidade.
A Xunta de Goberno Local acata así unha sentenza de 2010 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que invalidou a tarifación por tramos, máis cara nos 80 primeiros minutos e máis barata despois. A partir de agora, os aparcadoiros soterrados de concesión municipal -Urzáiz, Praza de Independencia, Coruña, Venezuela, Fernando el Católico e Praza do Rei- non distinguirán tramo algún e cobrarán sempre o mesmo prezo por minuto.
Abel Caballero explicou que, unha vez adoptado este acordo pola Xunta de Goberno Local, a aplicación das novas tarifas nos seis estacionamentos será o antes posible, unha vez as empresas adapten a maquinaria aos novos prezos.
A sentenza xudicial tamén estipula que o Concello pode estudar os posibles efectos da resolución do TSXG sobre o equilibrio financeiro das concesiones. O alcalde adiantou que o primeiro paso será aplicar as tarifas lineais e, no caso de que as xestoras consideren que a aplicación conleva perdas, o goberno local contrastaría esta valoración e avaliaría posibles fórmulas legais para garantir o equilibrio económico financeiro dos aparcamentos.
Descargar todas as imaxes